0fAS LISTAS DE CORREO DE DEBIAN07 Se ten acceso á web, quererá botar unha ollada á nosa páxina web 0fhttp://www.debian.org/07, segui-la ligazón etiquetada 0fListas de Correo07 para ver un resumo das máis de 80 listas asociadas ao Proxecto Debian. Hai un formulario de subscripción na páxina web 0fListas de Correo07. Se sabe o nome da lista na que está interesado, pódese subscribir manualmente enviando unha mensaxe a 0fdebian--REQUEST@lists.debian.org07 que conteña a palabra "0fsubscribe07". A comunicación cos outros subscriptores da lista faise polo enderezo 0fdebian-@lists.debian.org07. Hai que substituír polo nome da lista que lle interesa. Por exemplo, se quere informar dun problema ou precisa de axuda coa instalación dos paquetes Debian: envíe a palabra "0fsubscribe07" nunha mensaxe para 0fdebian-user-REQUEST@lists.debian.org07; despois envíe unha explicación detallada do problema a 0fdebian-user@lists.debian.org07. Centos de usuarios de Debian han le-la mensaxe, e seguro que algún ha axudar. Prema <09ENTER07> ou teclee o método de inicio, argumentos e <09ENTER07> para arrincar. Prema a tecla de función <09F107> para o índice da axuda.